Pasos a seguir para a presentación e o pago da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición
- Obtención do certificado dixital.
- Obtención da autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT
- Presentación da declaración informativa de apostas deportivas e de competición. Prazo: Vinte primeiros días naturais de cada trimestre natural (Prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado)
- 2013: vinte primeiros días naturais de novembro de 2015.
- 2014: vinte primeiros días naturais de decembro de 2015.
- 2015: vinte primeiros días naturais de setembro de 2016.
4. Pago e presentación telemática das autoliquidacións.
A taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición é un tributo estatal cuxo rendemento está cedido polo Estado á Comunidades Autónomas que somete a gravame a organización, celebración ou realización do xogo a través de apostas deportivas ou de competición.
Os suxeitos pasivos deste tributo deberán autoliquidar e presentar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta (no suposto de que carecesen da devandita autorización), con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.
Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, dentro dos prazos de presentación do tributo, presentar telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o modelo D-041 na que se incluíran os datos seguintes:
- Os datoscorrespondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos correspondentes aos premios pagados ao longo do trimestre ao que se refire a declaración
- Os datos acumulados correspondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos acumulados correspondentes aos premios pagados, dende a data de devindicación do exercicio ao que se refire a declaración ata o fin do trimestre ao que se refire a declaración.
- Unha relación individualizada dos premios superiores a 2.500 € pagados ao longo do trimestre ao que se refire a declaración.
Unha vez presentado o D-041, ingresarán e presentarán telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o 041, no cal practicarán a autoliquidación do tributo e determinarán a débeda tributaria correspondente ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas ao longo do trimestre ao que se refire a declaración.
Prazos de presentación:
- Primeiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de abril.
- Segundo trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xullo.
- Terceiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de outubro.
- Cuarto trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xaneiro do ano seguinte
- 2013: vinte primeiros días naturais de novembro de 2015.
- 2014: vinte primeiros días naturais de decembro de 2015.
- 2015: vinte primeiros días naturais de setembro de 2016.
As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:
- Pagamento telemático presencial (con NRC)
- Abanca
- Evo Banco
- La Caixa
- Grupo Banco Popular
- Caja Duero
- Pagamento telemático con cargo en conta
- Abanca
- Evo Banco
- La Caixa
- Banco Popular
- Banco Santander
- BBVA
- Caja Rural Galega
- Caja Duero
- Caja Rural de Zamora