Anexo 5, taxa por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público da lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da comunidade autónoma de Galcia (D.O.G. Núm. 240 de 11 de decembro de 2003).
Bonificacións
Á tarifa 02 contida no anexo 5 seranlle aplicables as bonificacións relacionan a seguir:
- a) Cando os suxeitos pasivos realicen investimentos en obras de recheo, consolidación ou mellora de terreos, a contía da bonificación determinarase en función do investimento realizado, de conformidade coa escala que se estableza regulamentariamente, atendendo ao tipo de obra e ao seu custo, e non poderá exceder do 50% da contía correspondente á ocupación das augas do porto ou, de ser o caso, dos terreos.
- b) Cando o obxecto da concesión consista na urbanización e comercialización de zonas de almacenaxe e de actividades loxísticas, a contía da bonificación determinarase en función do investimento privado realizado, de conformidade coa escala que se estableza regulamentariamente, atendendo ao tipo de obra e ao seu custo, e non poderá exceder do 40% da contía correspondente á ocupación de terreos. Esta bonificación non se poderá aplicar durante un período superior ao establecido para a finalización de cada fase de urbanización no título concesional.
- c) Cando a ocupación do dominio público teña por destino a construción ou a ocupación de obras de abrigo e defensa portuarias, a contía da taxa correspondente a esta ocupación para o destino mencionado terá unha bonificación que non poderá exceder do 50%. A contía da bonificación determinarase en función do investimento realizado, atendendo ao tipo de obra e de conformidade coa escala que se estableza regulamentariamente..
- d) Cando o titular da concesión ou autorización sexa algún órgano das administracións públicas e o obxecto destas sexan actividades de interese social e cultural, o importe desta bonificación será do 50% da contía correspondente á ocupación de terreos.
- e) Cando a ocupación do dominio público teña por destino a construción ou a explotación de fábricas de xeo ou lonxas coas súas correspondentes cámaras de frío, así como a explotación de naves de titularidade da administración destinadas total ou parcialmente a almacenaxe de caixas, vestiarios ou cámaras de frío, para o sector pesqueiro ou marisqueiro, a contía da taxa correspondente a esta ocupación para os usos mencionados terá unha bonificación do 90%.
- f) Cando a ocupación do dominio público teña por destino a construción ou a explotación de naves de redes, a contía da taxa correspondente a esta ocupación para os usos mencionados terá unha bonificación do 95%.
- g) Nas concesións ou autorizacións de dominio público portuario outorgadas a entidades náuticas ou culturais sen ánimo de lucro para actividades de ensinanza da náutica deportiva ou de conservación ou recuperación de embarcacións tradicionais, a contía da taxa terá unha bonificación do 90% no que se refire exclusivamente a estas actividades, sempre que non sexan obxecto de explotación económica.
- h) Cando a ocupación do dominio público teña por destino a construción ou explotación de naves destinadas a aloxar medios mecánicos, vehículos non particulares asignados a confrarías e/ou asociacións do sector pesqueiro e marisqueiro, así como as instalacións dedicadas a aulas de formación náutico-pesqueira e a fins sociais das mesmas, o importe da bonificación será do 90%.
- i) Cando a ocupación do dominio público portuario teña por destino a explotación de superficies destinadas á varada para embarcacións profesionais do sector pesqueiro e/ou marisqueiro, o importe da bonificación será do 50%.
Por orde da consellería competente en materia de portos e por proposta do ente público Portos de Galicia, concretaranse as condicións, as escalas e os criterios necesarios para a aplicación das bonificacións previstas nos anteriores supostos, partindo dos elementos esenciais contidos nestes.
Exencións
Estarán exentos das tarifas 01 e 03, contidas no anexo 5, os suxeitos pasivos que teñan a condición de institucións e corporacións públicas ou sen ánimo de lucro cando a actividade que desempeñen no inmoble non leve aparellada unha utilidade económica ou, aínda existindo a dita utilidade, a utilización ou aproveitamento entrañe condicións ou contraprestacións para o beneficiario que anulen ou fagan irrelevante aquela.
Para o recoñecemento desta exención bastará co que se faga unha declaración responsable do cumprimento dos requisitos sinalados no parágrafo anterior e se aporte a xustificación adecuada xunto coa solicitude do permiso de ocupación temporal, da concesión ou de calquera outra autorización ou título habilitante contemplado na normativa de patrimonio. A exención entenderase concedida con carácter provisional e condicionada ao cumprimento, durante todo o tempo que dure a utilización privativa, o aproveitamento especial ou a ocupación do dominio público, dos requisitos esixibles
Á tarifa 02 contida no anexo 5 seranlle aplicables as seguintes exencións que se relacionan a seguir
Estarán exentos do pagamento da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio portuario:
- Os órganos e as entidades das administracións públicas cando estean directamente relacionados con actividades de vixilancia, de represión do contrabando, de protección civil de salvamento e de loita contra a contaminación mariña ou coa defensa nacional.
- As corporacións locais cando se trate de actividades encadradas entre as súas finalidades públicas e estas non sexan obxecto de explotación económica.
A Cruz Vermella Española está exenta do pagamento da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público portuario respecto das actividades marítimas propias que esta institución ten encomendadas.
Código | Descrición | Tarifa |
---|---|---|
34.01.00 | Dominio público en xeral | |
- Mínimo | 2% | |
- Máximo | 6% | |
Regras | ||
34.01.01 | Bienes demaniales adscritos á Consellería de Facenda, para uso de dependencias administrativas | 2% |
34.02.00 | Dominio público portuario | |
a) No suposto de ocupación de terreos e augas do porto | ||
Nas áreas destinadas a usos portuarios relativos ao desenvolmento de actividades portuarias pesquerias: | 2,5% | |
Nas áreas destinadas a usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, ós relativos ó desenvolvemento de servizos portuarios e a outras actividades portuarias comerciais e náutico-deportivas | 5% | |
Nas áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e as que correspondan a empresas industriais ou comerciais | 6% | |
espazo de auga para recheo durante as obras | 2,5% | |
espazo da auga para recheo finalizadas as obras | 5% | |
b) ocupación do voo ou do subsolo de terreos ou espazos somerxidos: | 2,5% | |
c) no caso de ocupación de obras e instalacións | ||
-áreas destinadas a usos portuarios relativos ao desenvolvemento de actividades portuarias pesqueiras: | ||
- sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións. | 2,5% | |
- valor depreciación anual asignada | 25% | |
- áreas destinadas a usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, ós relativos ó desenvolvemento de servizos portuarios e a outras actividades portuarias comerciais, pesqueiras e náutico-deportivas: | ||
- sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións. | 5% | |
- valor depreciación anual asignada | 100% | |
- áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e as que correspondan a empresas industriais ou comerciais | ||
- sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións | 6% | |
- valor depreciación anual asignada | 100% | |
- áreas destinadas a usos non portuarios | ||
- sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións. | 7% | |
- valor depreciación anual asignada | 100% | |
d) uso consuntivo sobre o valor dos materiais consumidos | 100% | |
Regras | ||
34.03.00 | Ocupación mediante medios persoais de inmobles afectos a dependencias administrativas | |
A cota da taxa que se debe satisfacer será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo de gravame correspondente, que se sinala a continuación | ||
Constitúe a base impoñible o valor de mercado do ben ou bens de dominio público obxecto daquela. Para estes efectos, tomarase como valor de mercado o valor actualizado do ben ou bens segundo o Inventario Xeral dos bens e dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta a superficie ocupada e a súa situación no inmoble, de ser o caso. Esta base actualizarase anualmente na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral dos prezos ao consumo para o conxunto nacional total (IPC) que correspondera e será efectiva a partir de cada 1 de xaneiro. No título habilitante da utilización privativa ou ocupación especificarase cal é o valor de mercado no primeiro ano da súa vixencia e cal será o mes de cálculo da variación do IPC que se empregue para a súa actualización anual. | ||
cando a actividade a desenvolver no inmoble sexa a prestación dun servizo público, o tipo de gravame será do | 2% | |
Para o resto de actividades: | ||
Regras | ||
34.04.00 | Ocupación de inmobles nas Illas de Ons e Onza | |
A cota da taxa que se debe satisfacer será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo de gravame que correspondera en cada caso, tendo en conta o uso e o tipo de solo. Constitúe a base impoñible o total de metros cuadrados do ben inmoble de dominio público que fora obxecto de concesión. No título habilitante da utilización privativa ou ocupación especificarase cal é a base impoñible medida en metros cuadrados que fora concedida. Os tipos de gravame anuais a aplicar sobre a base impoñible son os que se especifican a continuación: | ||
€/m² | ||
a) Uso vinculado á residencia ou vivenda | ||
- por m² construído con uso residencial: | 4 | |
- por m² construído con uso non residencial: | 1,5 | |
- por m² non construído complementario ao uso residencial: | 0,5 | |
b) Uso comercial, vinculado exclusivamente á hostalaría, restauración ou á alimentación: | ||
- por m² construído con uso comercial, vinculado exclusivamente á hostalaría, restauración ou á alimentación: | 7,5 | |
- por m² construído de edificacións auxiliares: | 2,5 | |
- por m² de patios, terrazas u outras superficies ocupadas anexas ao inmoble: | 2,5 | |
c) Uso agrario tradicional: por m²: | 0,06 | |
Regras | ||
34.05.00 | Dominio público viario | |
34.05.01 | Utilización privativa ou ocupación do dominio público viario | |
Constitúe a base impoñible o valor de mercado do ben ou bens de dominio público viario obxecto da utilización privativa ou ocupación do dominio público viario. A estes efectos, tomaranse como valores de mercado os seguintes: | ||
- Solo en situación urbanizada: | 45,80 €/m² | |
- Solo en situación rural: | 12,30 €/m² | |
Tendo en conta a relevancia e conexión coas finalidades propias do órgano ó que está adscrito o dominio público viario, o predominio desas finalidades ou de fins económicos na actividade desenvolvida e o grado de utilidade pública derivada da utilización privativa ou da ocupación do dominio público viario, en cada caso, o tipo de gravame aplicable fíxase nas seguintes porcentaxes: | ||
- Instalacións en superficie para a prestación dun servizo público de interese xeral | 4% | |
- Instalacións en superficie para a conexión a un servizo público de interese xeral | 3% | |
- Obras de acceso á estrada | 3% | |
- Instalacións provisionais por prazo fixado | 2% | |
Cando se empreguen procedementos de licitación pública para o outorgamento de concesións, os pregos de bases poderán conter, entre os criterios para a súa resolución, o de que os licitadores oferten importes adicionais ós establecidos para esta taxa. Neste caso, o tipo de gravame da taxa virá determinado pola suma de dous compoñentes:
| ||
34.05.02 | Aproveitamento especial do dominio público viario | |
Constitúe a base impoñible a utilidade derivada do aproveitamento especial do dominio público viario. A estes efectos, establécese como base impoñible a que se obtén da seguinte fórmula:
|
Data publicación
20/10/2008
Tipo de disposición
Outros
Tipo de Contido
Ordenación
Estado
Vixente
Orixe
Autonómica