Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pago das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación. (1) (DOG nº 125, do 1 de xullo de 1992)
(1) As referencias á Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ó Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do titulo II da mesma, entenderanse realizadas á Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Sumario
| Saltar sumario |
CAPÍTULO I. Autoliquidación das taxas.
CAPÍTULO II. Utilización de efectos timbrados.
CAPÍTULO III. Xestión do pago mediante efectos timbrados.
- Artigo 7.
- Artigo 8.
- Artigo 9.
- Artigo 10.
- DISPOSICIÓN ADICIONAL.
- DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
- ANEXO I. MODELO AUTOLIQUIDACIÓN TAXAS (documento PDF)
- ANEXO II. DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA DA TAXA POLA INSPECCIÓN E O CONTROL SANITARIO OFICIAL DE CARNES FRESCAS E CARNES DE COELLO E DE CAZA. (documento PDF)
- ANEXO III. EFECTOS TIMBRADOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (documento PDF)
- ANEXO IV. MODELO AUTOLIQUIDACIÓN TAXAS DESCARGABLE NA OVT (documento PDF)
- ANEXO V. CÓDIGOS DE CONSELLERÍAS E SERVIZOS. CÓDIGOS DE DELEGACIÓNS.
- ANEXO VI. RELACIÓN DE TARIFAS DAS TAXAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA: CÓDIGO E DENOMINACIÓN.
- ANEXO VII. RELACIÓN DE ENTIDADES NAS QUE SE PODE REALIZAR O INGRESO.
- ANEXO VIII. MODELO 731. TAXAS E PREZOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
- ANEXO IX. MODELO 739. TAXAS E PREZOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
- ANEXO X. MODELO 730. TAXAS E PREZOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
A disposición adicional primeira do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, autoriza á Consellería de Economía e Facenda a ditar as disposicións necesarias para a aplicación de dito decreto.
Pola súa banda, o artigo 13.3 do mencionado decreto establece que a utilización dos efectos timbrados requirira expresa autorización da Consellería de Economía e Facenda.
Dado que os servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación se prestan inmediatamente a súa solicitude, resulta necesario autorizar a utilización de efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia para o pagamento das taxas esixidas por ditos servizos administrativos.
Por todo elo,
DISPOÑO
CAPÍTULO I. Autoliquidación das taxas.
-
Artigo 1
Con independencia do procedemento de liquidación aplicable a cada taxa, os ingresos que por estes tributos corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia efectuaranse polos suxeitos pasivos a través das entidades financeiras colaboradoras autorizadas, relacionadas no anexo VII, sen prexuízo do disposto nesta orde para o pagamento mediante efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia (2).
(2) Redacción dada polo artigo 1.1 da Orde do 24 de marzo de 1998, pola que se modifica a Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pago de taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación e a Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998).
-
Artigo 2(3)
- Os suxeitos pasivos das taxas obrigados a formular autoliquidación, deberán, con carácter xeral, ingresar o importe da débeda tributaria autoliquidada no prazo dos tres días hábiles a contar dende o seguinte ao seu devengo.
- Os suxeitos pasivos da tarifa contida na subalínea 04 da línea 07 do Anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia deberán ingresar o importe da débeda tributaria autoliquidada correspondente a cada certificado no prazo dos cinco días hábiles seguintes á data de expedición do certificado. O suxeito pasivo formulará unha autoliquidación, na que deberá constar o dato do número do certificado zoosanitario expedido polos servizos veterinarios, por cada un dos certificados que lle sexan expedidos, sen que se poida utilizar un único impreso para máis dun certificado.
- Os suxeitos pasivos deberán ingresar nos vinte primeiros días naturais dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro o importe da débeda tributaria autoliquidada referida cada unha delas ós feitos impoñibles realizados no trimestre inmediato anterior, no caso das taxas que se relacionan a continuación, ás que se refiren os artigos ou contidas nos anexos da lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia:
a) As tarifas 08 e 36 contidas no Anexo 2 da lei;
b) As tarifas contidas nas subalíneas 03 e 04 da alínea 09 do Anexo 2 da lei;
c) As tarifas 25, 26 e 27 contidas no Anexo 3 da lei. - Os suxeitos pasivos da tarifa 68 contida no Anexo 3 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia deberán ingresar nos meses de xaneiro e xullo o importe da débeda tributaria autoliquidada pola base impoñible correspondente a cadanseu semestre inmediato anterior.
- Os suxeitos pasivos da taxa pola utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia obrigados a formular autoliquidación, deberán, con carácter xeral, ingresar o importe da débeda tributaria autoliquidada no prazo e polo período de liquidación, que non poderá ser superior a un ano, sinalados a continuación:
- a) Os suxeitos pasivos da tarifa 01 contida no Anexo 5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo e período de liquidación que se determine no decreto polo que se estableza o tipo de gravame; en defecto de disposición expresa, no prazo e período de liquidación que se determine, en cada caso, mediante cláusula contida no prego de condicións do título habilítante da referida utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial; en defecto de cláusula, a autoliquidación será semestral e ingresarase para cada semestre natural nos seus vinte primeiros días naturais, salvo no primeiro ano no que se aplicarán as seguintes regras: se a notificación do título se realizara con posterioridade ao 31 de maio a autoliquidación dese ano, que será única, se ingresará nos vinte primeiros días naturais do mes de xullo; se a notificación se realizara dentro dos cinco primeiros meses naturais do ano, a autoliquidación correspondente ao primeiro semestre ingresarase no prazo dun mes a contar dende a data da notificación e a correspondente ao segundo semestre, nos vinte primeiros días naturais do mes de xullo.
- b) Os suxeitos pasivos da tarifa 05 contida no Anexo 5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia ingresarán o importe da débeda tributaria da autoliquidación, que será anual, nos vinte primeiros días naturais do mes de xaneiro, salvo no primeiro ano no que o ingreso producirase no prazo dun mes a contar dende a data da notificación do título habilítante.
- c) Os suxeitos pasivos do resto de tarifas, ingresarán o importe da débeda tributaria da autoliquidación no prazo e período de liquidación que se determine, en cada caso, mediante cláusula contida no prego de condicións do título habilítante da referida utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial; en defecto de cláusula, seguiranse as seguintes regras:
- c.1) Cando a débeda tributaria poida determinarse ao principio de cada ano, a autoliquidación será semestral e ingresarase para cada semestre natural nos seus vinte primeiros días naturais, salvo no primeiro ano no que se aplicarán as seguintes regras: se a notificación do título se realizara con posterioridade ao 31 de maio a autoliquidación dese ano, que será única, ingresarse no prazo dun mes a contar dende a data da notificación; se a notificación se realizara con anterioridade a esa data, a autoliquidación correspondente ao primeiro semestre ingresarase no prazo dun mes a contar dende a data da notificación e a correspondente ao segundo semestre, nos vinte primeiros días naturais do mes de xullo.
- c.2) Cando a débeda tributaria deba determinarse segundo a actividade realizada, o período de liquidación será trimestral e o prazo de ingreso será os vinte primeiros días naturais dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro respecto á actividade desenvolvida no trimestre natural inmediato anterior."
(3) Artigo modificado pola Orde do 29 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011).
-
Artigo 3 (4)
Apróbase o modelo de impreso que figura no anexo I para ser empregado polos obrigados tributarios das taxas para as que o artigo 12 do Decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas para a aplicación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia estableza o procedemento de autoliquidación. O dito modelo constará dun exemplar para o iteresado, outro para a entidade financeira e un terceiro para a administración.
O impreso de autoliquidación será facilitado polos suxeitos activos da correspondente taxa, que informarán ao solicitante sobre os números que debe consignar nos espazos reservados aos códigos da consellería, delegación e servizo e clave da taxa, conforme ás relacións que figuran como anexo V e VI da presente orde.
Este modelo poderá así mesmo descargarse mediante a aplicación informática que a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) poña á disposición dos obrigados tributarios na Oficina Virtual Tributaria (OVT) en cuxo caso se axustará ao modelo de impreso que figura no Anexo IV.
Serán válidas igualmente as autoliquidacións que sexan confeccionadas para o pagamento mediante a utilización das aplicacións informáticas que a Atriga poña á disposición dos obrigados tributarios na OVT e que se axustarán ao modelo de impreso que figura no anexo VIII.
Cando o pagamento da taxa estea integrado no proceso electrónico de tramitación do suposto de feito gravado por ela, os usuarios que desexen facer o pagamento electrónico de xeito presencial ante as entidades financeiras colaboradoras na recadación, empregarán para isto o modelo 739, que se axustará ao modelo aprobado no anexo IX.
Os impresos en papel debidamente validados pola entidade financeira servirán como xustificante de pagamento da taxa correspondente. Cando o pagamento se realice de xeito electrónico será xustificante de pagamento o modelo 730, que se configurará pola aplicación informática que a Atriga dispoña na OVT consonte co modelo que figura no Anexo X.
As entidades financeiras autorizadas para a recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban o convenio de colaboración na xestión da renovación de licencias de caza e pesca, poderán solicitar autorización para o emprego dun xustificante do pago da taxa, que substituirá ao modelo de autoliquidación.
(4) Artigo modificado pola Orde do 18 de febreiro de 2022, pola que se modifican determinadas ordes no ámbito tributario (DOG. Núm. 39, do 25 de febreiro de 2022).
-
Artigo 4 (5)
1. Con carácter xeral, o suxeito pasivo, unha vez ingresada a débeda tributaria correspondente e con anterioridade á prestación do servizo solicitado, deberá presentarlle ao servizo xestor, o exemplar para a Administración, dentro dos dez días seguintes á terminación de cada un dos prazos de ingreso nos supostos aos que se refire o artigo 2.1.
2. Nos supostos aos que se refire o artigo 2.2, a entidade financeira colaboradora na recadación das taxas e prezos, no momento no que o suxeito pasivo efectúe o ingreso da autoliquidación recollerá, ademais do exemplar a ela destinado, o exemplar para a administración, debendo remitilo ao órgano xestor nos prazos previstos no regulamento xeral de recadación aos que se remite o artigo 7 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Os suxeitos pasivos das taxas contempladas no resto de apartados do artigo 2, deberán presentar, unha vez ingresada a débeda tributaria correspondente, ante o servizo xestor o exemplar para a Administración, nos prazos establecidos para o ingreso da autoliquidación.
4(6). Ademais, no caso da tarifa 08 contida no Anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, os suxeitos pasivos presentarán ante o servizo xestor da mesma e xunto á autoliquidación, o modelo que figura como anexo II da presente orde. Para estes efectos, o modelo estará dispoñible na sede electrónica en formato dixital para ser cuberto e descargado electronicamente polo obrigado tributario.
(5) Artigo modificado pola Orde do 29 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011)
(6) Apartado Modificado pola Orde do 18 de febreiro de 2022, pola que se modifican determinadas ordes no ámbito tributario (DOG núm. 39, do 25 de febreiro de 2022)
CAPÍTULO II. Utilización de efectos timbrados.
-
Artigo 5
Os efectos previstos no artigo 13.3 do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, para o pago de taxas esixibles polos servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, autorizase a utilización de efectos timbrados coa forma, valor e demais características que figuran no anexo III desta orde.
-
Artigo 6
Pola Dirección Xeral de Tributos (7) emitiranse efectos timbrados que procedan para cada unha de ditas taxas.
(7) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998).
CAPÍTULO III. Xestión do pago mediante efectos timbrados.
-
Artigo 7
Os habilitados responsables dos fondos públicos nos servizos centrais das distintas consellerías solicitarán da Dirección Xeral de Tributos (8) os selos de cada clase que necesiten para a prestación dos servizos gravados polas distintas taxas, sendo responsables da custodia e recadación. (9)
(8) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998).
(9) Modificado por Orde de 31 de maio de 1995 (DOG nº 127, de 4 de xulio de 1995).
-
Artigo 8
Os secretarios ou funcionarios que substitúan nos servizos territoriais das distintas consellerías, deberán solicitar dos servizos da Tesoureira da Delegación da Consellería de Economía e Facenda correspondente á capital da provincia os selos de cada clase necesarios para prestar os servizos gravados por ditas taxas sendo responsables da súa custodia e recadación.
-
Artigo 9
Coa periodicidade que se crea oportuno e, se é o caso como mínimo unha vez ó mes, os responsables de recadación, utilizando o modelo que acompaña como anexo IV a esta orde, procederán ó ingreso do importe recadado en calquera das entidades financeiras que en dito modelo se especifican; o mencionado modelo constará de tres exemplares.
-
Artigo 10
Polas distintas unidades prestadoras do servizo, e unha vez realizado este, procederase a inhabilitar os efectos timbrados.
DISPOSICIÓN ADICIONAL (10)
No ámbito das súas competencias autorízase á persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, á persoa titular da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e á persoa titular da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos a ditar cantas disposicións sexan necesarias para a aplicación da presente orde.
Así mesmo autorízase á persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia a actualizar os anexos desta orde.
(10) Disposición modificada pola Orde do 18 de febreiro de 2022, pola que se modifican determinadas ordes no ámbito tributario (DOG núm. 39, do 25 de febreiro de 2022).
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela a 30 de xuño de 1992
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda.
ANEXO I. MODELO AUTOLIQUIDACIÓN TAXAS. (documento PDF) (11)
(11) Modelo de autoliquidación substituídos a tódolos efectos polo modelo A. Taxas. Autoliquidación en euros, aprobado pola Disposición Adicional Quinta da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo VIII (DOG nº 242, do 17 de decembro de 2001).
ANEXO II. DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA DA TAXA POLA INSPECCIÓN E O CONTROL SANITARIO OFICIAL DE CARNES FRESCAS E CARNES DE COELLO E DE CAZA. (documento PDF) (12)
(12) Modelo modificado pola Orde do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica o modelo de declaración complementaria da taxa por servizos profesionais, polas inspeccións e controis sanitarios oficiais de carnes frescas e carnes de coello e caza (DOG nº 61, do 28 de marzo de 2014), vixente dende o 29 de marzo de 2014.
ANEXO III. EFECTOS TIMBRADOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. (documento PDF) (13)
(13) Efectos timbrados substituídos a todos os efectos con valor facial en euros, aprobados pola Disposición Adicional Sétima da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001, e que figuran no seu anexo X (DOG nº 242, do 17 de decembro de 2001).
ANEXO IV. MODELO AUTOLIQUIDACIÓN TAXAS DESCARGABLE NA OVT. (documento PDF) (14)
(14) Modelo substituído a tódolos efectos polo modelo T Documento de ingreso para efectos timbrados en euros, aprobado pola Disposición Adicional Oitava da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo XI (DOG nº 242, do 17 de decembro de 2001).
ANEXO V. CÓDIGOS DE CONSELLERÍAS E SERVIZOS.
CÓDIGOS DE DELEGACIÓNS. (15)
(15) Modificado pola Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998), polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2003), do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro de 2004), do 20 de decembro de 2005 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2005) , do 20 de decembro de 2006 (DOG nº.249, do 29 de decembro de 2006) , do 20 de decembro de 2007 (DOG nº 251, do 31 de decembro de 2007), do 18 de decembro de 2008 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2008), do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, do 30 de decembro de 2009), do 5 de abril de 2010 (DOG nº 73, do 20 de abril de 2010),do 22 de decembro de 2010 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2010), do 23 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011), do 31 de xaneiro de 2012 (DOG nº 30, do 13 de febreiro de 2012), do 27 de febreiro de 2013 (DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2013), do 18 de decembro de 2013 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2013), do 18 de decembro de 2014 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2014), do 18 de decembro de 2015 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2015), do 7 de febreiro de 2017 (DOG nº 29, do 10 de febreiro de 2017), do 20 de decembro do 2018 (DOG nº 248, do 31 de decembro de 2018), Resolución do 22 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2021) e pola Resolución do 21 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro de 2022).
/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/normativa-asociada/orde-6-1992-autoliquidacions#AV 04 Presidencia, Xustiza e Deportes | ||
---|---|---|
01 | Secretaría | |
04 | Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia | |
05 | Secretaría Xeral de Emigración | |
06 | Secretaría Xeral para o Deporte | |
07 | Axencia Turismo de Galicia | OA |
08 | Secretaría Xeral de Medios | |
09 | Emerxencias | |
11 | Diario Oficial de Galicia | |
12 | Relacións Exteriores e coa Unión Europea | |
17 | Asociacións, Fundacións e Colexios Profesionais | |
18 | Administración Local | |
19 | Academia Galega de Seguridade Pública | OA |
20 | Interior e Espectáculos Públicos | |
21 | Axencia Galega de Emerxencias | OA |
23 | Compañía de Radio-Television de Galicia | OA |
25 | Insituto de Medicina Legal de Galicia | |
27 | Xustiza | |
05 Facenda e Administración Pública | ||
01 | Secretaría | |
02 | Instituto Galego de Estatística | OA |
06 | Política Financeira | |
07 | Función Pública | |
08 | Axencia Tributaria de Galicia | OA |
09 | Tribunal Administrativo de Contratación Pública | |
10 | Escola Galega de Administración Pública | OA |
11 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) | OA |
16 | Xogo | |
06 Vivenda e Planificación de Infraestruturas | ||
01 | Secretaría | |
03 | Instituto Galego da Vivenda e do Solo | OA |
04 | Axencia Galega de Infraestruturas | OA |
06 | Urbanismo | |
16 | Xurado de Expropiación de Galicia | |
18 | Axencia de Protección de Legalidade Urbanística | OA |
26 | Servizo Técnico Xurídico | |
07 Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional | ||
01 | Secretaría | |
03 | Ensino Medio | |
10 | Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) | OA |
12 | Axencia Galega de Innovación | OA |
08 Economía e Industria | ||
01 | Secretaría | |
02 | Minas | |
03 | Administración, Propiedade e Seguridade Industrial | |
07 | Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) | OA |
08 | Enerxía | |
12 | Instituto Galego de Promoción Económica | OA |
09 Medio Rural | ||
01 | Secretaría | |
02 | Supervisión de Proxectos | |
03 | Contratación | |
04 | Infraestruturas Agrarias | |
05 | Formación Agraria | |
06 | Centro de Investigacións Agrarias | |
07 | Axudas Estruturais | |
08 | Industria e Comercialización Agroalimentaria | |
09 | Sanidade e Produción Animal | |
10 | Montes e Industrias Forestais | |
12 | Defensa Contra Incendios | |
13 | Fomento Cooperativo | |
14 | Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) | OA |
15 | Sanidade Vexetal | |
16 | Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) | OA |
17 | Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) | OA |
10 Cultura, Lingua e Xuventude | ||
01 | Secretaría | |
02 | Axencia Galega das Industrias Culturais | OA |
03 | Arquivos | |
06 | Patrimonio Cultural | |
08 | Rexistro da Propiedade Intelectual | |
09 | Secretaría Xeral de Política Lingüistica | |
11 | Museos | |
12 | Xuventude | |
11 Sanidade | ||
01 | Secretaría | |
02 | Planificación e Ordenación | |
03 | Sergas - Xerencia | OA |
06 | Sergas - Farmacia | OA |
08 | Saúde Pública | |
11 | Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia - 061 | OA |
12 | Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos | OA |
13 | Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía | OA |
16 | Inspección Sanitaria | |
17 | Protección á Saúde | |
18 | Promoción da Saúde | |
19 | Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica | OA |
20 | Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde | OA |
12 Mar | ||
01 | Secretaría | |
02 | Acuicultura (S.C.) | |
03 | Marisqueo (S.C.) | |
04 | Pesca (S.C.) | |
05 | Desenvolvemento Pesqueiro | |
06 | Recursos Mariños | |
07 | Competitividade e Innovación Tecnolóxica | |
08 | Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) | OA |
10 | Ente Público Portos de Galicia | OA |
14 Política Social e Igualdade | ||
01 | Secretaría | |
02 | Escolas Infantís - AGSS | OA |
04 | Tempo Libre | |
06 | Menores | |
07 | Dependencia e Autonomía Persoal | |
14 | Promoción da Igualdade | |
15 Medio Ambiente e Cambio Climático | ||
01 | Secretaría | |
04 | Patrimonio Natural | |
06 | Prevención e Xestión Ambiental | |
07 | Fomento e Control de Calidade Ambiental | |
08 | Control e Xestión de Residuos | |
09 | Laboratorio do Medio Ambiente de Galicia | |
10 | Centro de Investigacións Forestais | |
11 | Servizo Técnico Xurídico | |
12 | Augas de Galicia | OA |
14 | Inspección e Intervención Ambiental | |
15 | Meteogalicia | |
20 | Instituto de Estudos do Territorio | OA |
22 | Enerxías Renovables | |
23 | Ordenación do Litoral | |
17 Emprego, Comercio e Emigración | ||
01 | Secretaría | |
04 | Consello Galego de Relacións Laborais | OA |
05 | Emprego | |
06 | Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral | OA |
08 | Formación | |
10 | Instituto Galego de Consumo e da Competencia | OA |
11 | Comercio | |
23 Consello da Cultura Galega | ||
01 | Consello da Cultura Galega | |
24 Consello Consultivo | ||
01 | Secretaría |
Código | Descrición |
---|---|
10 | A Coruña |
11 | Ferrol |
12 | Ribeira |
13 | Servizos Centrais |
14 | Ordes |
20 | Lugo |
21 | Celeiro |
22 | Vilalba |
30 | Ourense |
31 | O Barco de Valdeorras |
40 | Pontevedra |
41 | Vigo |
42 | Vilagarcía de Arousa |
43 | Lalín |
80 | Casa de Galicia en Madrid |
ANEXO VI. RELACIÓN DE TARIFAS DAS TAXAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA: CÓDIGO E DENOMINACIÓN. (16)
(16) Anexo modificado polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro de 2003), do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro de 2004), do 20 de decembro de 2005 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2005), do 20 de decembro de 2006 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2006), do 20 de decembro de 2007 (DOG Nº251, do 31 de decembro de 2007), do 18 de decembro de 2008 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2008, do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, do 30 de decembro de 2009), do 22 de decembro de 2010 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2010), do 23 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011), do 27 de febreiro de 2013 (DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2013), do 18 de decembro de 2013 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2013), do 18 de decembro de 2014 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2014) e do 18 de decembro de 2015 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2015), do 7 de febreiro de 2017 (DOG nº 29, do 10 de febreiro de 2017) e do 20 de decembro de 2017 (DOG nº 245, do 28 de decembro de 2017), do 20 de decembro de 2018 (DOG nº 248, do 31 de decembro de 2018), do 19 de decembro de 2019 (DOG nº 248, do 31 de decembro de 2019), pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (DOG nº 141 do 26 de xullo de 2019), Resolución do 22 de xaneiro de 2021 (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021), Resolución do 22 de decembro de 2021 (DOG núm. 251, do 31 de decembro de 2021), pola Resolución do 21 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro de 2022) e pola Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 246, do 29 de decembro de 2023).
ANEXO VII. RELACIÓN DE ENTIDADES NAS QUE SE PODE REALIZAR O INGRESO. (17)
(17) Anexo introducido pola Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998) e modificado por las Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro de 2003), do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro de 2004), do 20 de decembro de 2005 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2005), do 20 de decembro de 2006 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2006), do 20 de decembro de 2007 (DOG nº 251, do 31 de decembro de 2007), do 18 de decembro de 2008 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2008), do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, do 30 de decembro de 2009), do 22 de decembro de 2010 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2010), do 22 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011), do 27 de febreiro de 2013 (DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2013), do 18 de decembro de 2013 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2013), do 18 de decembro de 2014 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2014), do 18 de decembro de 2015 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2015), do 19 de decembro de 2019 (DOG nº 248, do 31 de decembro de 2019), Resolución do 22 de xaneiro de 2021 (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021), Resolución do 22 de decembro de 2021 (DOG núm. 251, do 31 de decembro de 2021), pola Resolución do 21 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro de 2022) e pola Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 246, do 29 de decembro de 2023).
- Banco Santander
- Banco Sabadell
- BBVA
- Targobank
- Evo Banco
- Abanca
- Ibercaja
- Caixabank
- Caja Rural Galega
- Caja Rural Zamora
ANEXO VIII. MODELO 731. TAXAS E PREZOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
ANEXO IX. MODELO 739. TAXAS E PREZOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
ANEXO X. MODELO 730. TAXAS E PREZOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
Data publicación
01/07/1992
Tipo de disposición
Orde
Tipo de Contido
Ordenación
Estado
Vixente
Orixe
Autonómica