Volver ao contido

Orde de 31 de marzo de 1999, pola que se se fixan os prezos derivados dos servicios xestionados pola Consellería de Medio Ambiente, referente a plantas forestais, semente e piñas de sequeiro e especies cinexéticas. (DOG nº 69 de 13 de abril de 1999). (1)

A Lei 13/1991, do 9 de decembro de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no artigo 6 (2) que os prezos privados serán fixados pola consellería correspondente e publicados no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento do dito precepto por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 17 de febreiro de 1997, fixáronse os prezos privados dos servizos xestionados por ela, referentes a doses seminais, determinacións analíticas, plantas e sementes de viveiro, semente e piñas do sequeiro e especies cinexéticas, que no caso dalgunhas plantas de viveiro, semente e especies cinexéticas é necesario modificar, ademais de incluír algunha especie cinexética nova.

Dada a nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia fixada no Decreto 347/1997, do 9 de decembro, no que se crea a Consellería de Medio Ambiente, da que dependen os servizos sinalados na dita Orde do 17 de febreiro de 1997, cos apartados III. Venda de plantas e semente en viveiro. Código 36.18.00, IV. Venda de semente e piñas de sequeiro. Código 36.19.00 e V. Venda de especies cinexéticas. Código 36.20.00, é necesario derrogar expresamente estes apartados e substituílos polos establecidos nesta orde.

Por todo isto, e despois do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.

  1. Os prezos esixibles polos servizos prestados pola Consellería de Medio Ambiente referentes a plantas forestais, semente e piñas no sequeiro e especies cinexéticas son os que se fixan no anexo da presente orde.
  2. As tarifas fixadas no anexo da presente orde entenderanse, se é o caso, co IVE incluído (3).

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados os apartados III. Venda de plantas e semente de viveiros; IV. Venda de semente e piñas de sequeiro, e V. Venda de especies cinexéticas, da Orde do 17 de febreiro de 1997, pola que se fixan os prezos derivados dos servizos xestionados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, referentes a doses seminais, determinacións analíticas, plantas e semente de viveiros, semente e piñas en sequeiro e especies cinexéticas.

Disposición derradeira

Esta orden entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO (4)

  1. SEN APLICACIÓN
  2. SEN APLICACIÓN
  3. Venda de especies cinexéticas. Código 36.20.00.

    III.1.-a) Perdiz de menos de 20 días: 250 ptas. (1,50 €)/unidade.
    b) Perdiz de 20 a 40 días: 450 ptas. (2,70€)/unidade.
    c) Perdiz de máis de 40 días: 700 ptas. (4,21€)/unidade.
    III.2.-Coello de monte: 700 ptas.(4,20 €)/unidade.
    III.3.- a) Corzo macho de 2 anos: 75.000 ptas. (450,76 €)/unidade.
    b) Corzo femia de 2 anos: 60.000 ptas. (360,61€)/unidade.
    III.4.-a)Cervo macho maior de 2 anos: 75.000 ptas. (450,76 €)/unidade.
    b) Cervo macho menor de 2 anos: 50.000 ptas. (300,51€)/unidade.
    c) Cervo femia de 2 anos: 50.000 ptas. (300,51€)/unidade.
    b) Muflón femia de 2 anos: 40.000 ptas. (240,40€)/unidade.
    III.5.-a) Muflón macho de 2 anos: 65.000 ptas.(390,66 €)/unidade.
    b) Muflón femia de 2 anos: 40.000 ptas.
    III.6.-a) Gamo macho de 2 anos: 35.000 ptas. (210,35 66 €)/unidade.
    b) Gamo femia de 2 anos: 25.000 ptas. (150,25€)/unidade.

(1) Derrogados apartados I) y II) do anexo pola Orde do 1 de decembro de 2009 (DOG. Nº 243, do 15 de decembro de 2009).

(2) A referencia enténdese feita, en este caso, ó artigo 51 da actual Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 del 11 de decembro de 2003).

(3) Cantidades expresadas co equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro.

(4) En cada caso, os prezos en euros serán o resultado da conversión dos prezos aprobados en pesetas mediante orde de cada consellería aplicando as regras do artigo 11 da Lei 46/1998, é dicir, expresados con dous decimais, efectuándose o redondeo por exceso ou por defecto o segundo decimal máis próximo. No caso de que a terceira cifra decimal sexa cinco o superior a cinco, o redondeo se efectuará á unidade superior.

Data publicación

25/10/2008

Tipo de disposición

Orde

Tipo de Contido

Regulamento

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica