Volver ao contido

Orde de 27 de febreiro de 1995, pola que se establecen certas reducións nos prezos privados pola prestación de determinados servizos no Centro Galego de Artes da Imaxe. (DOG nº 64 de 31 de marzo de 1995). (1)

O artigo 6º, capítulo 1º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (2), establece que os prezos privados serán fixados pola consellería correspondente atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen.

A Consellería de Cultura, a través do Centro Galego de Artes da Imaxe, vén desenvolvendo distintas actividades prestando unha serie de servizos a profesionais e ó público en xeral, destacando a realización de programación da exhibición das artes da imaxe na sala de proxección nos locais do devandito centro e onde é de destaca-la asistencia de público novo e estudante, polo que se fai preciso regula-la percepción de prezos privados.

Por todo isto.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Terán dereito a unha redución do 50% no prezo da entrada os titulares do carné xove e equiparables, carné de estudante e os correspondentes internacionais.

Esta redución non será de aplicación ó importe dos abonos para dez sesións.

Artigo 2º

Para efectos do disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, o código dos ingresos fixados na presente orde será o 362200.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

(1) Que modifica a Orde de 25 de xaneiro de 1995.

Data publicación

25/10/2008

Tipo de disposición

Orde

Tipo de Contido

Regulamento

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica