Orde de 25 de xaneiro de 1995, pola que se establecen os prezos privados pola prestación de determinados servizos no Centro Galego de Artes da Imaxe. (DOG nº 29 de 10 de febreiro de 1995) (1)
A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece, no seu capítulo 1º do título II (2), o réxime xeral de fixación, xestión, recadación e réxime xurídico en materia de prezos privados.
0 artigo 6º (3) da mencionada lei sinala así mesmo que os prezos privados serán fixados pola consellería correspondente atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen.
O Centro Galego de Artes da Imaxe, incardinado na Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, foi creado polo Decreto 210/1989, do 5 de outubro, para promove-las distintas actividades no campo das artes da imaxe. O centro vén funcionando dentro da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura prestando distintos servizos non só ós profesionais do mundo audiovisual senón tamén ó público en xeral, polo que se fai preciso regula-la percepción de prezos privados por servizos prestados.
Por todo isto,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
A presente orde ten por obxecto a fixación dos prezos privados percibidos pola Xunta de Galicia no Centro Galego de Artes da Imaxe.
TÍTULO I
Artigo 2º.-Clases de prezos privados.
Establécense os seguintes prezos privados:
- Entradas.
- Copias.
- Autorización para publicar fotocopias.
- Cesión de dereitos de uso.
- Repicado de cintas.
- Visión en sala.
- Venda de libros.
Artigo 3º.-Entradas.
Percibirase o prezo das entradas á sala de proxeccións do centro para os pases de material audiovisual que así estea programado e nas horas que se anuncien no programado centro.
Artigo 4º.-Copias.
Para os efectos do presente decreto constitúen copias de documentos as reproducións de documentos depositados no centro mediante a utilización de sistemas mecánicos ou automatizados, realizada con fins non venais.
Artigo 5.-Autorización para publicar fotocopias.
Expedirase autorización para publicar fotocopias de documentos custodiados no centro sempre que o peticionario non teña ánimo de lucro e a súa intención sexa de investigación ou con ánimo cultural. En calquera caso, as fotocopias non serán nunca de textos completos e atenderase sempre ó disposto na lei de propiedade intelectual e demais disposicións que a desenvolven.
Artigo 6º.-Cesión de dereitos de uso.
- A cesión de dereitos efectuarase conforme coas tarifas que se fixan no título II expresadas en pesetas/metro/35 mm, no caso do cine, e en minutos no caso do vídeo, e referidas ó material copiado ou repicado. No caso de imaxes cinematográficas noutros formatos, aplicarase a cantidade proporcional por número de fotogramas.
- As tarifas non inclúen os custos técnicos que se orixinen, e entenderanse sempre como cesión de dereitos de uso para unha soa producción e sen exclusividade ningunha.
- En ningún caso se poderán copiar ou repicar bloques temáticos completos. O centro poderá esixir ós usuarios deste servizo a entrega dunha copia completa do produto final en formato U-matic, libre de gastos, que será entregada no prazo máximo de tres meses a partir do copiado ou repicado dos materiais procedentes do seu arquivo.
- O adquirente está obrigado a facer consta-la orixe dos fondos nos créditos da producción, segundo o disposto na Imaxe Corporativa da Xunta de Galicia.
Artigo 7º.-Repicado de cintas.
Para efectos do presente decreto, enténdese por repicado de cintas a obtención dunha copia en soporte videográfico a partir dun orixinal igualmente en soporte videográfico. A unidade para calcula-lo prezo do repicado de cintas será de 15 minutos.
Artigo 8º.-Visión.
A visión poderá ser realizada en sala -tanto en cine de 16 e 35 mm como en vídeo-, en moviola ou en monitor, e inclúe os medios técnicos e persoais necesarios para o correcto servizo ó usuario. A unidade de tempo sobre a cal se calculan as taxas será de unha hora.
Artigo 9º.-Venda de libros.
A venda de libros limitarase a aqueles que fosen editados pola Xunta de Galicia.
TÍTULO II.- Tarifas.
Artigo 10º.-
Os prezos privados esixiranse de acordo coas seguintes tarifas (4):
- Entradas.
- O prezo de entrada por sesión será de 200 pesetas.(1,20 €).
- O abono para dez sesións custará 1.500 pesetas. (9,02 €.)
- Copias.
- Fotocopias por cada folio:
- A4: 12 pesetas.(0,07 €)
- A3: 18 pesetas.(0,11 €)
- Lista de ordenador: cada páxina: 12 pesetas.(0,07 €)
- Copia en disquete:
- Disquete de alta densidade:
- Formato 3 1/2: 250 pesetas. (1,50 €.)
- Disquete dobre densidade:
- Formato 3 1/2: 175 pesetas. (1,05 €.)
- Por cada unha das páxinas: 12 pesetas. (0,07 €).
- Disquete de alta densidade:
- Fotocopias por cada folio:
- Autorización para publicar fotocopias: 138 pesetas.( 0,83 €).
- Cesión de dereitos de uso.
- Material cinematográfico e videógráfico.
- Producción cinematográfica.
- Comercial: 2.500 pesetas.(15,02 €.)
- De difusión non lucrativa: 1.250 pesetas. (7,51 €).
- Producción, para televisión: 5.000 pesetas (30,05 €). Televisión de Galicia terá acceso gratuíto.
- Producción para vídeo:
- Comercial: 3.000 pesetas.(18,03€).
- De difusión non lucrativa: 1.500 pesetas.(9,02 €)
- Publicidade: 12.000 pesetas (72,12 €) ,mínimo 80.000 pesetas (480,81 €).
- Efectos e son: 800 pesetas (4,80 € ), mínimo 7.500 pesetas (45,08 €).
- Producción cinematográfica.
- Material fotográfico:
- Copias fotográficas en B/N, tamaño l8x24 cm, sen dereitos de reprodución: 800 pesetas.( 4,80 €).
- Duplicados de diapositivas en cor ou B/N, sen dereitos de reprodución: 500 pesetas (3,0 €)
- Copias fotográficas e diapositivas con dereito de reprodución:
- Producción cinematográfica.
- Comercial: 7.000 pesetas (42,07 €).
- De difusión non lucrativa: 3.500 pesetas (21,03 €).
- Producción para televisión: 10.000 pesetas (60,1 €). Televisión de Galicia terá acceso gratuíto.
- Producción para vídeo.
- Comercial: 7.000 pesetas (42,07 €).
- De difusión non lucrativa: 3.500 pesetas (21,03 €).
- Publicidade: 50.000 pesetas (300,50 €).
- Publicacións non periódicas: 7.000 pesetas (42,07 €).
- Publicacións periódicas: 5.000 pesetas (30,05 €).
- Producción cinematográfica.
- Material cinematográfico e videógráfico.
- Repicado de cintas.
- De Betacam SP a U-matic HB: 4.000 pesetas (24,04€)
- De Betacam SP a U-matic LB: 3.000 pesetas (18,03 €).
- De U-matic HB a U-matic LB: 2.500 pesetas (15,02 €)
- De U-matic LB a U-matic LB: 2.250 pesetas (13,52 €)
- Visión.
- Visión en sala.
- 35 mm: 3.000 pesetas (18,03 €)
- 16 mm: 1.500 pesetas (9,01 €)
- S-8 mm: 1.500 pesetas.(9,01 €)
- Vídeo: 2.000 pesetas (12,02 €)
- Visión en moviola.
- 35 mm: 1.500 pesetas (9,01 €)
- 16 mm: 1.500 pesetas (9,01 €)
- Visión en monitor.
- Servicio de consulta: gratuíto.
- Formatos industriais: 1.000 pesetas (6,01 €)
- Venda de libros.
- Visión en sala.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
(2) A referencia enténdese feita ó Capítulo III do Titulo II da actual Lei 6/2003. do 9 de decembro.
(3) Refírese ó actual art. 51 da vixente Lei 6/2003, do 9 de decembro.
(4) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro. En cada caso, os prezos en euros serán o resultado da conversión dos prezos aprobados en pesetas mediante orde de cada consellería aplicando as regras do artigo 11 da Lei 46/1998, é dicir, expresados con dous decimais, efectuándose o redondeo por exceso ou por defecto o segundo decimal máis próximo. No caso de que a terceira cifra decimal sexa cinco o superior a cinco, o redondeo se efectuará á unidade superior.
Data publicación
25/10/2008
Tipo de disposición
Orde
Tipo de Contido
Regulamento
Estado
Vixente
Orixe
Autonómica