Volver ao contido

Orde de 22 de febreiro de 2005, por la que se fixan os prezos de venda ó público de diversos artigos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. (DOG nº 50 de 14 de marzo de 2005)

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitir o informe favorable a Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

  1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público dos obxectos dos museos xestionados por esta consellería que se relacionan no anexo I.
  2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, con IVE incluído.

ANEXO I

Relación de obxectos dos que se aproban aos prezos privados de venda ao público:

  • Museo de Belas Artes (A Coruña).
    • Paraugas: 10,00 €.
    • Lapis: 1,20 €.
    • Bolígrafo: 2,00 €.
    • Libreta: 3,50 €.
    • Camiseta neno: 5,00 €.
    • Camiseta muller: 9,00 €.
    • Camiseta home: 6,00 €.
    • Cartel: 2,00 €.
  • Museo das peregrinacións (Santiago de Compostela).
    • Poncho: 1,00 €.
    • Lapis fluorescente: 1,50 €.
    • Afialapis: 0,50 €.
    • Estoxo: 2,00 €.
    • Petate: 6,00 €.

Data publicación

25/10/2008

Tipo de disposición

Orde

Tipo de Contido

Regulamento

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica