Orde de 15 de febreiro de 1995, pola que se establece o prezo privado a satisfacer, en concepto de matrícula, polos alumnos que realicen o Curso Superior de Relacións Laborais. (DOG nº 43 de 2 de marzo de 1995)
O Consello Galego de Relacións Laborais, creado por la Lei 7/1988, de 12 de xullo, para responder á necesidade de establecer canles institucionais de encontro e participación entre as organizacións representativas de traballadores e empregadores, ten, entre outras competencias, a de promover iniciativas que recollan estudios, debates e difusión de cuestións relacionadas co dereito laboral e a cultura do traballo.
Co fin de facilitar a actualización e perfeccionamento formativo dos cadros directivos das organizacións sociais e de acercar unha formación especializada ós profesionais das relacións laborais e ós titulados que se interesan polo mundo do traballo,ol Consello Galego de Relacións Laborais considerou conveninte organizar, no presente ano, a sexta edición do Curso Superior de Relacións Laborais.
Polo que, de acordo co establecido na Lei 13/1991, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras e, en virtude das facultades que teño atribuídas,
DISPOÑO:
Articulo 1.-
A presente orden ten por obxecto establecer as normas de xestión e determinar o prezo que, en concepto de matrícula, deberán satisfacer os alumnos que soliciten a inscripción para realizar o Curso Superior de Relacións Laborais que organiza o Consello Galego de Relacións Laborais en colaboración ca Universidade de Santiago de Compostela.
Articulo 2.-
O prezo a satisfacer en concepto de matrícula que se aproba na presente orde para o exercicio de 1.995 será de duascentas quince mil pesetas (1) (215.000 ptas.) ou mil duascentas noventa e dous euros con dezaoito céntimos (1.292,18 euros) por alumno matriculado.
O importe da matrícula deberá ser satisfeito antes do día sinalado para a inauguración oficial do curso e segundo o procedemento de recadación regulado na orde da Consellería de Economía e Facenda de 29 de xuño de 1.994 e de acordo cas normas que se establezan na convocatoria oficial do curso.
Articulo 3.-
O prezo que se establece na presente orden non será de aplicación para os membros das organizacións empresariais e sindicais con representación no consello que sexan seleccionados e inscritos como becarios por estas organizacións para participar no curso, de acordo co número máximo de becarios que corresponda a cada organización en proporción á súa representatividade.
Articulo 4.-
O importe abonado en concepto de matrícula inclúe e da dereito á asistencia e participación en todas as actividades académicas ordinarias e extraordinarias, nos actos de inauguración e clausura, á recepción da documentación e bibliografía de apoio e á expedición do correspondente diploma acreditativo, si o alumno cumpre os requisitos de asistencia e aproveitamento que se establezan na convocatoria do curso.
Articulo 5.-
A efectos do previsto na orden da Consellería de Economía e Facenda de 29 de xuño de 1.994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, o presente ingreso queda incluído no anexo I da mencionada orden co número de código 36.21.00.
Disposicións derradeiras
Primeira.-
Facultase ao presidente do Consello Galego de Relacións Laborais para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para a convocatoria do Curso Superior de Relacións Laborais e para o cumprimento da presente orden.
Segunda.-
A presente orden entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1.995
(1) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro. En cada caso, os prezos en euros serán o resultado da conversión dos prezos aprobados en pesetas mediante orde de cada consellería aplicándoas regras do articulo 11 da Lei 46/1998, é dicir, expresados con dous decimais, efectuándose o redondeo por exceso ou por defecto ó segundo decimal máis próximo.
Data publicación
25/10/2008
Tipo de disposición
Orde
Tipo de Contido
Axuda
Estado
Vixente
Orixe
Autonómica