Volver ao contido

Orde de 12 de febreiro de 2004, pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversos artigos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. (DOG nº 47 de 8 de marzo de 2004)

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 (1) sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emiti-lo informe favorable a Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

  1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ó público dos obxectos dos museos xestionados por esta consellería que se relacionan no anexo.
  2. Estes prezos entenderanse, de se-lo caso, con IVE incluído.
    Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2004.

ANEXO

Relación de obxectos dos cales se aproban os prezos privados de venda ó público:

  • Museo de Belas Artes (A Coruña):
    • Actividade didáctica Re-pintar Altamira. O inicio da pintura: 5 euros.
  • Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela):
    • Paraugas: 10 euros.
    • Ioió: 1,50 euros.
    • Bolígrafos: 4 euros.
    • Regras: 1 euros.
    • Taco de notas: 4,51 euros.
    • Lapis: 0,60 euros.
    • Goma de borrar: 0,50 euros.
    • Marcador de libro: 0,30 euros.
    • Prato conmemorativo: 9,02 euros.
    • Pin: 6,01 euros.

(1) Esta  referencia se entende feita ó artigo 51 da actual Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 de 11 de decembro de 2003).

Data publicación

25/10/2008

Tipo de disposición

Orde

Tipo de Contido

Regulamento

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica