Volver ao contido

Orde de 11 de maio de 2000, pola que se fixan os prezos de venda das pezas do uniforme dos alumnos da Academia Galega de Seguridade (AGS). (DOG nº 113 de 12 de xuño de 2000)

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

  1. Quedan aprobados os prezos de venda das pezas do uniforme dos alumnos da AGS, cando sexa necesaria a súa reposición por deterioración ou extravío.
  2. Estes prezos, que se relacionan no anexo, entenderanse co IVE incluído (1).

ANEXO

  • Xersei 4.700 ptas. .(28,247569 €)
  • Camisa 1.220 ptas.(7,332348 €)
  • Cinto1.960 ptas.(11,779837 €)
  • Zapato piso goma 4.600 ptas.(27,646557 €)
  • Zapato piso sola 5.125 ptas.(30,801870 €))
  • Gorra 2.100 ptas.(12,621254 €)
  • Gravata 1.115 ptas.(6,701285 €)
  • Ombreiras escudo (par) 780 ptas. (4,687894 €)
  • Escudo plastificado 535 ptas.(3,215415 €)
  • Calcetíns 210 ptas.(1,262125 €)
  • Pantalón 4.100 ptas.(24,641496 €)
  • Chuvasqueiro 8.000 ptas. (48,080968 €)
  • Suadoiro 3.625 ptas. (21,786689 €)
  • Pantalón a xogo 3.500 ptas. (21,035424 €).
  • Camiseta 1.425 ptas. (8,564422 €)
  • Calcetíns de algodón 325 ptas. (1,953289 €)
  • Chuvasqueiro 3.200 ptas. (19,232387 €)
  • Pantalón deporte 1.500 ptas. (9,015182 €)
  • Zapatillas deporte 5.625 ptas. (33,806931 €)
  • Bolsa deporte 2.350 ptas. (14,123784 €)

(1) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro.

Data publicación

25/10/2008

Tipo de disposición

Orde

Tipo de Contido

Regulamento

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica