Orde de 2 de xaneiro de 1997, pola que se se fixan as tarifas e prezos privados dos cursos e talleres de artistas impartidos no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). (DOG nº 9 de 15 de xaneiro de 1997)
Dándolle cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede fixa-los prezos privados dos cursos e obradoiros de artistas que son impartidos no Centro Galego de Arte Contemporánea de conformidade co seu plan de actividades.
A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.
É polo que
DISPOÑO:
Artigo único.
- As tarifas (1) esixibles como contraprestación das actividades de cursos e obradoiros de artistas, xestionadas polo Centro Galego de Arte Contemporánea, da Consellería de Cultura e Comunicación Social, se fixan no anexo desta orde, a xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.
- Estes prezos (2) entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.
- Para os efectos da xestión, liquidación e recadación do prezo, o seu código será o 36.26.00.
Disposicións derradeiras
Primeira.-
Facúltase o director xeral de Patrimonio Cultural para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.-
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
ANEXO
A .Oferta de cursos, seminarios e ciclos de conferencias do C.G.A.C.
1.Inscrición: 3.000 ptas. (18,03 €)
B. Oferta obradoiros de artistas no C.G.A.C.
1.Inscrición: 5.000 ptas. (30,05 €)
A presentación do carné de estudante eximirá do pagamento do 50% da inscrición dos cursos, seminarios e ciclos de conferencias.
(1) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro
(2) En cada caso, os prezos en euros serán o resultado da conversión dos prezos aprobados en pesetas mediante orden de cada consellería aplicando as regras do artigo 11 da Lei 46/1998, é dicir, expresados con dous decimais, efectuándose o redondeo por exceso ou por defecto o segundo decimal mais próximo. No caso de que a terceira cifra decimal sexa cinco ou superior a cinco, o redondeo se efectuará á unidade superior.
Data publicación
25/10/2008
Tipo de disposición
Orde
Tipo de Contido
Ordenación
Estado
Vixente
Orixe
Autonómica