Volver ao contido

Decreto 320/1992, de 12 de novembro, que regula o prezo percibido polo resto dos servizos prestados polos museos e arquivos. (DOG nº 231 de 26 de novembro de 1992).

A Lei 13/1991 , do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (1) establece, no seu capítulo 2º do título II, o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.
O artigo 12º da mencionada Lei sinala igualmente  que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade oferente.

 

Por outra parte,  a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de arquivos e museos de interese para Galicia, en virtude do disposto  polo Estatuto de Autonomía de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 149.1.28 da Constitución. Así mesmo, a Comunidade Autónoma asumiu a xestión dos arquivos e museos de titularidade estatal sitos no seu territorio, en virtude do convenio asinado o 5 de decembro de 1989  co Ministerio de Cultura.

 

Sendo, pois, necesario regula-la percepción dos prezos públicos por servizos efectuados nos arquivos e museos de titularidade Autónoma, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do Conselleiro de cultura e Xuventude, na súa reunión do día doce de novembro de mil novecentos noventa e dous,

 

DISPÓN:

 

TITULO PRELIMINAR

 

  • Artigo 1.º Obxecto.

 

O presente decreto ten por obxecto a fixación dos prezos públicos percibidos pola Xunta de Galicia nos  arquivos e museos xestionados pola Comunidade  Autónoma de Galicia e nos de titularidade  autonómica.

 

TITULO I.-PREZOS PUBLICOS PERCIBIDOS  NOS ARQUIVOS DE TITULARIDADE AUTONOMICA  E NOS  XESTIONADOS POLA COMUNIDADE  AUTONOMA

 

  • Art. 2.º Clases de prezos públicos percibidos nos arquivos.

 

Se establecen os seguintes prezos públicos nos arquivos:

  1. Copias de documentos.
  2. Buscas.
  3. Autorización para publicar fotocopias.

 

  • Art. 3.º Copias.

 

A efectos deste decreto constitúen copias de documentos as reproducións de documentos depositados  nun arquivo mediante  a utilización de sistemas mecánicos o automatizados, realizada con fins non venais.

 

  • Art. 4.º Buscas.

 

  1. Constitúen buscas as localizacións de documentos non  signaturados a petición dun particular.
  2. Serán gratuítas as buscas realizadas a petición de calquera  institución pública ou dun particular cando  a localización afecte a dereitos fundamentais do  mesmo.

 

  • Art. 5.º Autorización para publicar fotocopias.

 

Expedirase  autorización para publicar fotocopias de documentos custodiados nun arquivo de titularidade autonómica o xestionado pola Comunidade Autónoma sempre que o peticionario non teña ánimo de lucro e a sía intención sexa de investigación o u con ánimo cultural.

 

TITULO II.-PREZOS PUBLICOS PERCIBIDOS NOS MUSEOS DE TITULARIDADE AUTONOMICA  E NOS  XESTIONADOS POLA COMUNIDADE AUTONOMA

 

  • Art. 6.º Clases de prezos públicos en museos.

 

Se establecen os seguintes prezos públicos a percibir en los museos de titularidade autonómica  e  nos museos  xestionados pola Comunidade Autónoma:

  1. Entrada.
  2. Copias.
  • Art. 7.º Entradas (2).
  • Art. 8.º Copias.

 

A efectos deste decreto, constitúen copias de pezas de museos as reproducións dos obxectos depositados nun  museo mediante calquera  sistema.

 

TITULO III.-TARIFAS(3)

 

  • Art. 9.º Tarifas en arquivos.

Os prezos públicos se esixirán nos arquivos de titularidade autonómica e xestionados pola Comunidade Autónoma  de acordo  cas seguintes tarifas:

  1. Copias.
    1. Fotocopias: por cada folio:
      • A4: 12 Ptas.  (0,072121 €).
      • A3: 18 Ptas. (0,108182 €).
    2. Listado de ordenador.
      • Por cada páxina:  12 Ptas. (0,072121 €).
    3. Copia en disquete.
      • Disquete de alta densidade:
        • 3 1/2: 250 Ptas. (1,502530 €)
        • 5 1/4: 175 Ptas. (1,051771 €)
      • Disquete de dobre  densidade:
        • 3 1/2: 175 Ptas. (1,051771 €)
        • 5 1/4: 115 Ptas. (0,691164 €)
      • Por cada unha das páxinas: 12 Ptas. (0,072121 €).
    4. Microfilmes.
      • Por cada fotograma de 35 mm: 10 Ptas. (0,060101 €)
      • Por cada fotograma de 16 mm: 6 Ptas. (0,036061 €)
      • Reprodución en papel de un fotograma: 12 Ptas. (0,072121 €).
    5. Fotografía:
      • Positiva 18x24: 250 Ptas. (1,502530 €).
      • Positiva 24x30: 300 Ptas. (1,803036 €)
  2. Buscas.
    • Hora empleada: 260 Ptas. (1,562631 €)
  3. Autorización para publicar fotocopias: 138 Ptas. (0,83 €)

 

  • Art. 10. Tarifas en museos (4).

 

Disposición adicional.

 

A xestión, liquidación e recadación dos prezos públicos establecidos en este decreto se axustarán  ó disposto  no Decreto 172/1992, de 26  xuño.(5)

 

Disposición derradeira.

 

Este decreto entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».

(1) A referencia se entende feita á actual Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003).

(2) Este artigo foi  modificado polo Decreto 295/1994, de 30 de setembro.

(3) Cantidade  expresada co seu equivalente en euros como consecuencia de súa conversión pola entrada en vigor da Lei  46/1998, de 17 de decembro, de Introducción do Euro

(4) O seu contido foi modificado polo Decreto 295/1994, de 30 de setembro.

(5) Este decreto foi derrogado polo actual decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas para a aplicación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 14 de abril de 2005)

Tipo de disposición

Decreto

Tipo de Contido

Ordenación

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica