Decreto 222/1998, de 10 de xullo, que modifica o Decreto 119/1994, de 28 de abril, no referente á expedición de permisos de pesca nos cotos dependentes da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural (DOG nº 144 de 28 de xullo de 1998)
O Regulamento de ordenación de pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado por el Decreto 130/1997, de 14 de maio, establece unha nova clasificación dos permisos de pesca (articulo 8) e dispón que os permisos para concursos deportivos oficiais e para entidades colaboradoras poderán ser outorgados con carácter gratuíto (articulos 32.1º y 33.1º), polo que é preciso proceder a unha modificación dos prezos públicos exixibles pola realización das anteriormente citadas actividades de pesca fixados polo Decreto 119/1994, de 28 de abril, (DOG nº 92, de 13 de maio e corrección de erros no DOG nº 101, del 27 de maio).
Na súa virtude, a proposta do conselleiro de Medio Ambiente, previo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, previa deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de xullo de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Artigo único.
Se modifica o apartado referente á «expedición de permisos de pesca nos cotos dependentes da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural», do anexo do Decreto 119/1994, de 28 de abril, que queda redactado como segue (1):
- Permiso de primeira categoría, válido para a pesca do salmón e demáis especies: 1.500 ptas (9,02 €).
- Permiso de segunda categoría, válido para a pesca de reo e demáis especies excepto salmón: 1.000 ptas (6,01 €).
- Permiso de terceira categoría, válido para a pesca da troita e demáis especies excepto salmón e reo: 500 ptas (3,01 €.)
- Permiso de cuarta categoría, válido para a pesca de ciprínidos e demáis especies excepto salmónidos: 250 ptas. (1,50 €).
- Permiso de quinta categoría, aqueles que a Administración poña a disposición dos concesionarios de aproveitamentos piscícolas para a súa venda ou distribución: gratuíto.
- Permiso de pesca sen morte; válido para a práctica da pesca nos cotos de pesca sen morte: 250 ptas. (1,50 €).
- Permiso de pesca intensiva: 750 ptas. (4,50 €).
Os permisos de primeira, segunda, terceira e cuarta categoría, pesca sen morte e permiso de pesca intensiva poderán ser de carácter gratuíto no caso de que sexan para concursos deportivos oficiais e poderán selo tamén para entidades colaboradoras non concesionarias dun aproveitamento piscícola ou coas cales exista convenio (2).
Disposición transitoria
O prezo do permiso de pesca intensiva se empezará a aplicar na tempada de pesca de 1999.
Disposicións derradeiras
Primeira.
Autorizase ó conselleiro de Medio Ambiente para ditar las disposicións precisas para la aplicación de este decreto.
Segunda.
O presente decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
(1) Cantidades expresadas co equivalente en euros como consecuencia de súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de deceembro, de Introdución do Euro.
(2) Modificado polo Decreto 171/2013, do 28 de novembro, polo que se modifica o Decreto 119/1994, do 28 de abril, polo que se fixan os prezos públicos dos Servizos xestionados pola Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes referentes a actividades de caza e pesca.
Data publicación
25/10/2008
Tipo de disposición
Decreto
Tipo de Contido
Axuda
Estado
Vixente
Orixe
Autonómica