Pasos a seguir para a presentación e pago do imposto
- Obtención do certificado dixital.
- Obtención da autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT.
- Presentación da declaración de alta no Censo: no primeiro mes natural que comece tras a notificación da autorización das instalacións anteriores e sempre antes do inicio da actividade. Este prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil. En calquera caso, a declaración de alta deberá presentarse antes do pagamento e presentación electrónicos da primeira autoliquidación.
Os suxeitos pasivos que xa tivesen autorización de vertedoiro de residuos, de instalación de incineración de residuos ou de coincineración de residuos, deberán presentar o alta no censo no mes de marzo de 2023. - Presentación e pago telemático da autoliquidación trimestral (prazo: 20 primeiros días naturais dos meses de abril, xullo, outubro e xaneiro).