Volver ao contido

Pasos a seguir para a presentación e pagamento do imposto

  1. Obtención do certificado dixital.
  2. Obtención da autorización da Dirección Xeral de Tributos.
  3. Presentación da declaración de alta no Censo telemático de aproveitamentos hidráulicos para usos industriais (prazo dende o 1 de abril e anterior ao punto 4).
  4. Presentación e pagamento telemático do Imposto (primeiro prazo: do 1 ao 20 de abril).

 

O imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que será de aplicación ás actividades e aproveitamentos que utilicen encoros que estean situados en todo ou en parte na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital pola Dirección Xeral de Tributos, para o que deberán presentar ante esta, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, que se inicia o 1 de abril e finaliza o 20 de abril, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.

Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, no prazo de presentación da primeira autoliquidación e previamente a esta, presentar telematicamente ante a delegación territorial correspondente da Administración tributaria, unha declaración inicial dos datos do aproveitamento a través do modelo 010 .

Unha vez presentada a declaración inicial, ingresarán e presentarán telematicamente ante a delegación territorial correspondente da Administración tributaria o modelo 011,  no cal practicarán a autoliquidación do imposto e determinarán a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo, nos vinte primeiros días naturais seguintes a finalización deste.

Prazos de presentación:

  • Trimestre primeiro do ano natural: do 1 ao 20 de abril.
  • Segundo trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xullo.
  • Terceiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de outubro.
  • Cuarto trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xaneiro do ano seguinte.

As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:

  1. Pagamento telemático presencial (con NRC).
    Caixa Galicia
    Caixa Nova
    La Caixa
    Grupo Banco Popular
    Banco Santander
  1. Pagamento telemático con cargo en conta:
    Caixa Galicia
    Caixa Nova
    La Caixa
    Grupo Banco Popular
    Banco Santander
    BBVA
    Banco Pastor