Pasos a seguir para a presentación e pagamento do imposto
- Obtención do certificado dixital.
- Obtención da autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT
- Parques eólicos que presentaran alta ante o INEGA: acceso á OVT, Censo Electrónico de Parques Eólicos de Galicia, consulta de datos e presentación de confirmación dos datos do Censo (prazo dende o 1 ao 20 de febreiro de 2014).
Parques eólicos de nova autorización: acceso á OVT, Censo Electrónico de Parques Eólicos de Galicia, presentación da declaración inicial de alta no Censo (prazo dun mes dende día seguinte a data de devengo e anterior ao punto 4). - Presentación e pagamento telemático do Imposto (prazo: do 1 ao 20 de xaneiro. EXCEPCIONAL: no ano 2014: do 1 ao 20 de marzo;)
O Canón Eólico é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que somete a gravame a xeración de afeccións e impactos ambientais adversos sobre o medio natural e, por ende sobre o territorio, a través da instalación de bens afectos á produción de enerxía eólica e situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.
Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, no prazo de presentación da primeira autoliquidación e previamente a esta, presentar telematicamente ante a Axencia Tribuna de Galicia, unha declaración inicial dos datos do parque eólico a través do modelo 007.
¡ATENCIÓN!: no ano 2014, os parques eólico que xa tiveran presentado declaración de alta, deberán confirmar os datos do Censo no prazo dende o 1 de febreiro ata o 20 de febreiro e, en calquera caso, antes de presentar a autoliquidación do ano 2014.
Unha vez presentada a declaración inicial, ingresarán e presentarán telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o modelo 012, no cal practicarán a autoliquidación do imposto e determinarán a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo, nos vinte primeiros días naturais do mes de xaneiro.
Prazos de presentación:
- do 1 ao 20 de xaneiro
¡ATENCIÓN! No ano 2014: o prazo excepcional de ingreso e presentación da autoliquidación será do 1 ao 20 de marzo do ano 2014.
As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:
- Pagamento telemático presencial (con NRC)
- Abanca
- Evo Banco
- La Caixa
- Banco Popular
- Targobank
- Banco Pastor
- Caja Duero
- Pagamento telemático con cargo en conta
- Abanca
- Evo Banco
- La Caixa
- Banco Popular
- Targobank
- Banco Pastor
- Banco Santander
- BBVA
- Banesto
- Caja Duero
- Caja Rural de Zamora
- Caja Rural Galega