NOTA INFORMATIVA SOBRE A ATENCIÓN PRESENCIAL NAS OFICINAS (actualizada o 01.07.2020)
02.09.2020
Desde o luns 18 de maio, retomouse a atención presencial nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia (incluídas oficinas liquidadoras) para determinados trámites con cita previa.
O calendario de citas abrirase de forma progresiva.
Nestes momentos os trámites para os cales se poderá solicitar cita previa presencial son:
- A presentación de modelos 600, 620, 650 e 651 (o interesado deberá acudir co modelo cuberto, que poderá confeccionar a través da Oficina Virtual Tributaria ou adquirilo nos estancos autorizados ou nas Oficinas de Distrito Hipotecario, no seu caso, coa cota tributaria ingresada nunha entidade colaboradora) e coa documentación requirida que poderá consultar nas guías dos impostos.
- Solicitar certificado de ausencia de débedas.
- Solicitar información sobre expedientes de xestión dos Impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (TRA), sucesións e doazóns (SUC/DON), compravenda de vehículos usados (VEH), patrimonio (IP), xogo e Impostos ambientais.
Poderá obter información tributaria xeral nos teléfonos de información ao contribuínte ou nos teléfonos das Oficinas Liquidadoras de distrito Hipotecario da Coruña. Presencialmente non se facilita información tributaria nas Delegacións, nin nas Oficinas.
A presentación de escritos referidos a un expediente (formular alegacións, interpoñer recursos, atender a requirimentos, etc) e de solicitudes (copia dun expediente, rectificación de autoliquidacións, etc) poderá realizarse nos Rexistros da Xunta de Galicia con cita previa ou por calquera outro dos medios que indica o apartado 4 do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Se conta con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave 365 poderá realizar a presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia polo Procedemento PR0004A. Con todo, as solicitudes de prórroga ou suspensión para a presentación do Imposto sobre sucesións deberán realizarse pola OVTributaria se ten certificado dixital ou DNI electrónico.
Se un mesmo usuario desexa solicitar dúas ou máis citas no mesmo día deberá deixar entre ámbalas dúas, a lo menos, 60 minutos de diferenza.
O día da cita, non debe presentarse na oficina de atención con máis de 5 minutos de antelación á hora da cita e deberá levar o xustificante da mesma para que o persoal de control de accesos lle permita o acceso ao edificio.
Deberanse seguir as medidas de protección ás que fai referencia o Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía. Estas medidas son as seguintes:
- O acceso ás oficinas de atención ao público realizarase de xeito individual.
- Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento.
- Deberase manter unha distancia mínima de seguridade de 2 metros cos demais usuarios e co persoal de atención ao público.
- O tempo de permanencia dos usuarios no interior da oficina non pode superar os 15 minutos.
- Ao entrar no edificio deberase realizar unha adecuada hixiene das mans, empregando auga e xabón ou unha solución hidroalcohólica.
- O público visitante non poderá empregar os equipos informáticos, material de oficina ou outros obxectos dos empregados públicos.
En canto á presentación das declaracións e autoliquidacións e ao pago de determinados impostos xestionados pola Axencia Tributaria de Galicia, a Orde da Consellería de Facenda de 15 de junio (DOG 116-Bis) establece que:
- Cando os prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións e para o ingreso da débeda tributaria autoliquidada dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e sobre sucesións e doazóns, finalicen no período comprendido entre o 14 de marzo e o 31 de outubro de 2020, ditas presentacións amplíanse ata esta última data.
- Nos casos anteriores, as persoas interesadas poderán solicitar a prórroga do prazo de presentación do imposto de sucesión prevista no artigo 68 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns, aprobado mediante o Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, ata o 30 de setembro de 2020.
- Os suxeitos pasivos dos tributos cedidos que gravan o xogo de bingo, de casinos e as apostas deportivas e de competición, poderán cumprir as obrigas tributarias relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e, de ser o caso, ao pagamento da débeda autoliquidada polo xogo realizado desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro do ano 2020, descontando os ingresos correspondentes ao ano 2020 que previamente autoliquidasen. Esta declaración e autoliquidación únicas poderán presentalas no prazo que abrangue desde o 1 ata o 31 de outubro de 2020.
- Os prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións e, de ser o caso, para o ingreso da débeda tributaria autoliquidada dos tributos cedidos sobre o xogo que gravan o resto de modalidades de xogo distintas das previstas no número 3, que finalicen no período comprendido entre o 14 de marzo, e o 31 de outubro de 2020, amplíanse ata esta última data.
Lémbrase ademais que pode confeccionar, pagar e presentar telemáticamente o Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como o Imposto sobre sucesións e doazóns na Oficina Virtual da Atriga, así como achegar a documentación pola aplicación "presentación de documentación".
Grazas pola súa colaboración