Volver ao contido

Pagamentos

O pago das autoliquidacións, liquidacións notificadas pola administración, taxas e prezos, multas e sancións cuxa xestión corresponda en período voluntario á Atriga poderá facelo:

As Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario e as de Distrito Hipotecario NON teñen TPV físico para realizar o pago nas oficinas.

  • Telemáticamente: Segundo a modalidade de acceso, na Oficina Virtual tributaria pode consultar as entidades colaboradoras e os medios de pago.
    • Se non ten certificado dixital poderá pagar accedendo á oficina virtual:
      • Taxas e prezos:
        Con tarxeta de débito ou crédito (TPV)** / Bizum***
      • Multas y sancións notificadas:
        Con tarxeta de débito ou crédito (TPV)** / Bizum***
    • Con certificado dixital poderá pagar accedendo á oficina virtual:
      • Autoliquidación telemática ou liquidación notificada*:
        • Presencial con NRC en entidade colaboradora ou en Correos mediante xiro postal.
        • Cargo en conta
        • Con tarxeta de débito ou crédito (TPV)** / Bizum***
      • Taxas e prezos:
        • Presencial con NRC en entidade colaboradora ou en Correos mediante xiro postal.
        • Cargo en conta
        • Con tarxeta de débito ou crédito (TPV)** / Bizum***
      • Multa y sanciones notificadas
        • Presencial con NRC en entidade colaboradora ou en Correos mediante xiro postal.
        • Cargo en conta
        • Con tarxeta de débito ou crédito (TPV)** / Bizum***
    • Con Chave365, accedendo á oficina virtual, poderá pagar con tarxeta de débito ou crédito (TPV)** ou Bizum***.
      • Taxas e prezos
      • Multas e sanciones
      • Débedas notificadas en voluntaria
      • Pago de débedas (con xustificante)

Pago mediante transferencia: o obrigado ao pago que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria mediante transferencia bancaria. No caso das autoliquidacións, é requisito imprescindible que no momento de cubrir as mesmas se escolla como medio de pago “recoñecemento de débeda” e que estean presentadas, xa sexa de forma presencial ou electrónica.

 

* Aviso: Inclúense as sancións tributarias notificadas pola Atriga

** Aviso: Existe un límite para pagos con tarxeta de crédito ou débito de 3.000 €.

*** Aviso: Existen os seguintes límites para pagos con Bizum: 1.500 € por operación, 2.500 € por persoa e día e 9.000 € por persoa e mes, sen prexuízo dos límites que cada entidade bancaria estableza para os seus clientes. Non dispoñible para pagos inferiores a 1 €.
Pago con Bizum para as persoas usuarias das entidades bancarias que figuran na ligazón https://bizum.es/obtener-bizum-compra/