Como acceder á Oficina Virtual como Colaborador Social ou Usuario Autorizado?
O artigo 96 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (en diante LXT) compele á Administración tributaria a promover a utilización das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias. Así mesmo, cando sexa compatible cos medios técnicos de que dispoña a administración electrónica, os cidadáns poderán relacionarse con ela para exercer os seus dereitos e cumprir coas súas obrigas mediante técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos coas garantías e os requisitos previstos en cada procedemento.
Os cambios normativos que tiveron lugar implican a obrigación recíproca de determinadas persoas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións pública que unido á necesidade de avanzar na axilización dos trámites que van realizar o colectivo de colaboradores sociais a que se refiren os artigos 92 a 95 da LXT, determina que a normativa ditada pola Comunidade Autónoma de Galicia obrigue a todos eles a utilizar medios electrónicos para realizar a presentación e o pagamento dos impostos cedidos polo Estado á Comunidade Autónoma e dos tributos propios.
No marco da normativa vixente e dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia con varios colectivos deberase acceder á OVTtributaria como:
- COLABORADOR SOCIAL para a presentación, pago e remisión por vía telemática das autoliquidacións dos impostos:
- Imposto sobre sucesións e doazóns
- Impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (modelo 600,620 e 630)
- USUARIO AUTORIZADO para a presentación, pago e remisión por vía telemática das autoliquidacións dos impostos:
- Taxa fiscal sobre o xogo realizado en bingos
- Taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
- Taxa fiscal sobre o xogo realizado mediante máquinas de xogo
- Taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición
- Imposto sobre contaminación atmosférica (ICA)
- Imposto sobre o dano ambiental causado aproveitamentos de auga embalsada (IDMAE)
- Canon eólico (CE)
- Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM)
- Canon sobre os inmobles declarados en estado de abandono (CIDEA)
- Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES)