Competencias:
- Planificar a xestión recadatoria executiva que corresponda á Axencia Tributaria de Galicia, para o cal colaborará co Departamento de Planificación do Control Tributario.
- A xestión centralizada da recadación executiva.
- A coordinación de órganos e unidades que leven a cabo a xestión recadatoria en período executivo.
- Tramitar as reclamacións por terzarías que se poidan formular.
- Tramitar expedientes de derivación da acción administrativa aos responsables solidarios e subsidiarios e sucesores en período executivo.
- O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de recadación executiva no ámbito das súas competencias.
- Canalizar as relacións con outras administracións públicas e entidades colaboradoras para os efectos de establecer e mellorar as canles de intercambio de información necesarias para o desenvolvemento das competencias de recadación executiva.
- A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.