Competencias:
- A xestión, control e coordinación dos asuntos relativos á xestión orzamentaria, a contabilidade, a tesouraría e a xestión de pagamentos.
- A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e os convenios con contraprestación económica.
- As actuacións preparatorias necesarias para a elaboración do anteproxecto de orzamento, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos ou unidades no presente decreto.
- A xestión do inventario dos bens inmobles ou mobles adscritos á Axencia Tributaria de Galicia, incluídos os ingresos e rendementos derivados destes, a adquisición de bens mobles e de material non inventariable. A tramitación dos expedientes en materia patrimonial realizarase en coordinación co órgano directivo competente en materia de patrimonio da Comunidade Autónoma.
- O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar no ámbito das súas competencias.
- A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.
- Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia.