A Dirección
Presentación
A persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, que terá a condición de alto cargo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, é nomeada e separada polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da consellería competente en materia de facenda. En todo caso, debe reunir requisitos de solvencia académica, profesional, técnica ou científica, en materia tributaria, así como experiencia acreditada na xestión pública.