Volver ao contido

Novidades Novidades

Atrás

Programa de Educación Cívico-Tributaria nos centros educativos

22.01.2024

A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) vai ofrecer charlas formativas de educación cívico-tributaria ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria dos centros educativos de titularidade pública da Comunidade galega.

O obxectivo desta acción formativa é transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e fomentar a conciencia fiscal colectiva da cidadanía desde idades temperás: explicándolles para que serven os impostos, que é a fraude fiscal e as súas consecuencias, e a importancia de evitalo. A medida inclúese no Plan de Control Tributario do ano 2023 e impartiranse neste curso 2023/2024. 

Como parte desta medida, créase un espazo neste portal web chamado, Programa de Educación Cívico-Tributaria,  dedicado á pedagoxía tributaria no que se indica o enderezo electrónico a través do que os colexios poderán solicitar a súa participación no programa. Así mesmo, a Consellería de Educación Formación Profesional e Universidades daralle publicidade nos boletíns mensuais que se envían aos colexios.

Durante as charlas proxectarase o vídeo que se atopa colgado neste espazo e ao remate do mesmo, faranse unha serie de preguntas con distintas opcións para valorar a aprendizaxe na sesión.