Novidades
Novo sistema de pago por Bizum
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2023.
A cidadanía xa pode pagar os seus impostos, taxas ou ingresos xestionados pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), a través da plataforma Bizum.
Con esta forma de pago, aberta tanto a particulares como a empresas, amplíanse as canles xa dispoñibles para facilitar o cumprimento das obrigacións tributarias á cidadanía, evitar desprazamentos e permitir o aforro de tempo nos trámites.
O pago coa Plataforma Bizum pódese levar a cabo a través da pasarela de pago da Oficina Virtual Tributaria da Atriga, con todas as entidades bancarias que dispoñan de Bizum para comercios. Esta modalidade de pago conta cos seguintes límites, sen prexuízo dos que cada entidade bancaria estableza para os seus clientes: 1.500€ por operación, 2.500€ por persoa e día, 9.000€ por persoa e mes e non poderán realizarse pagos inferiores a 1€.