Acceso á OVTributaria con Chave365
28.06.2023
Habilítase a Chave365 como unha nova modalidade de acceso á OVTributaria para que as persoas usuarias poidan identificarse co seu NIF e clave persoal, sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.
Esta modalidade de acceso permite a súa autenticación desde o "meu Espazo", onde poderá acceder aos servizos directamente sen ter que volver introducir as credenciais, ou desde as fichas dos servizos habilitados.
Polo momento, os servizos que incorporan a posibilidade de autenticarse con Chave365 son:
- Pago de Taxas/Prezos
- Pago de Multas/Sanciones
- Consulta e pago de débedas notificadas en voluntaria
- Pago de débedas (con xustificante)
- Certificados de débedas e patrimonio
O pago autenticado con Chave365 só permitirase con tarxeta ou Bizum.
Nun futuro, esta modalidade de acceso estenderase a outros servizos da OVTributaria.